26/01/2012

Ditado; o móbil (pronomes-artigos):::


O móbil

Teño un móbil novo, mola mazo. Téñoo na mochila. O profe non deixa telos na mesa, moitos pais non llos deixan traer ao instituto aos seus fillos. Tamén teño unha “play” pero non a traio ao instituto, por min traeríaa. Iso si que molaría… xogar á “play” na clase de matemáticas!

O ordenador

Teño un portátil novo. É deses pequeniños. Mercoumo miña nai. Tróuxomo no Nadal. Non o sei usar ben aínda, pero boto todo o día a fozar nel. Miña nai está dos nervios, non hai quen a entenda.

Sem comentários:

Enviar um comentário