28/09/2011

Indica se as vogais tónicas das palabras en vermello son semiabertas ou semipechadas:::



Cando xogabamos na escola
a tirar o trompo e á mariola,
ir atrás das mozas levar labazadas,
que chas daban elas por ter as mans largas.

Cambiabamos os cromos,
comentabamos as xogadas
de Son Goku e Hattori,
escoitabamos Heredeiros,

Faciamos cabanas nas praias
até entrar a madrugada
con catro cachopos e un par de pallas.

Amantes do risco en monopatín,
fieis seguidores do Xabarín.
Amantes do risco en monopatín,
fieis seguidores do Xabarín.

Chegar á casa e prender a consola,
un vaso de gasosa e unha merendola,
coller forzas para empezar
a ver a Silvia Superstar,
temendo que marche e ter que estudar.

Amantes do risco en monopatín,
fieis seguidores do Xabarín.
Amantes do risco en monopatín,
fieis seguidores do Xabarín.

Sem comentários:

Enviar um comentário