28/09/2011

Escrita creativa::: proxecto superheroes

Chantado no pupitre cos ollos na pizarra
pensando nas túas cousas e poñendo boa cara.
Aturando o compañeiro que che tira pelotiñas
e agardando que a campá te levante da silla.

Mirando no reloxo que os minutos non pasan
aturando a somnolencia e o mestre que non cala.
Pensando na merenda, argallando diversión,
desexando bailar pogo, oíndo discos de hard-core.

Lamentando que no mundo xa non interesan
máis que as cousas aburridas con que che inchan a cabeza.

Miras para ventá desesperado
e ves incrédulo que vén alguén voando.

Capitán... Araña, Capitán... Araña,
Capitán... Araña, Capitán... Araña.
Chegou o defensor da rapazada.

Cada cinco días de escola só un é o que se traballa,
acabáronse os deberes que tes que facer na casa.
Filmes de aventuras, deseños animados,
cómics, superheroes e xogos inventados.

Capitán... Araña, Capitán... Araña,
Capitán... Araña, Capitán... Araña.
Chegou o defensor da rapazada.

Comezade a fedellar xa co novo compañeiro,
amigo de Xabarín, de Paulino e de Toxeiro.
Só ou con outros compañeiros da túa panda
preparativos a flipar co Capitán Araña.

Capitán... Araña, Capitán... Araña,
Capitán... Araña, Capitán... Araña.
Chegou o defensor da rapazada.

Sem comentários:

Enviar um comentário